Desde Artabria, con amor,
cheguei, meu ben para verte.
Co corazón posto en ti,
pregueille a todo-los deuses
que te acordaras de min,
que me agardaras, Esmelle.
Pasei o mar da Marola,
lixeiro para quererte,
Montecelo, Prioriño,
Doniños en onde ferven
asulaugados segredos.
Que ledicia ve-lo berce
que abala todo-los ventos
para aloumiñarte, Esmelle:
a Herbosa e máis as Gabeiras,
dándoche bicos na frente.
Disque tén celos Libunca
dos ártabros con Esmelle...
Cando é o mar quen namora
pode a escuma hasta ser verde
e da praia de San Xurxo
chegar ó castro de Esmelle
area e monte revoltos
coma un abrazo perenne,
mar e terra, ceo e soños...
amor, meu amor, ESMELLE...
VOCES e CANTOS en ESMELLE e ARREDORES.pdf
UNOS DÃAS CON MI MADRE.pdf
FOLLETO RUTAS ESMELLE.pdf
unidade didactica.pdf
2005 Medio Rural da Xunta de Galicia
Accésit no Premio Agader ao embelecemento rural galego
2008 Vicepresidencia da Xunta de Galicia
Mención honorífica nos Premios Solidariedade en Galicia
2008 Comité Hábitat Español - Ministerio de Vivenda
Seleccionados para participar no VII Concurso Internacional de Boas Prácticas
2008 Exposición Universal de Zaragoza - Expo 2008
Participamos como expertos invitados na Semana temática "Auga e sociedade"
2008 Nacións Unidas
Práctica catalogada como GOOD no VII concurso internacional de Boas Prácticas
2008 Asociación Cultural "Lefre de Caldereta" - Ferrol
Entidade do ano
2008 Concello de Ferrol
Insignia de Ouro da Cidade
2009 5º clasificado en el Premio Nacional de Medio ambiente "Lucas Mallada"
2011 Finalista en el Premio Nacional de Desarrollo Rural "Macario Asenjo Ponce"